ALDEA DO COUTO

COMO CHEGAR

O Couto é unha pequena aldea a carón de Ponteceso, que ten obrado un absolto milagre na defensa da cultura galega. Nos anos 80, de xeito absolutamente independente e fóra de paraugas institucionais, comezou a celebrar o Festiletras, cunha programación cuxo peso, densidade e extensión no tempo chegou a ser superior á de calquera programa institucional. 

Para achegarnos a Ponteceso tomaremos coma punto de partida Carballo, a 33 kilómetros da Coruña pola C-552 e a 45 de Santiago. En Carballo seguiremos a LC-412 en dirección a Malpica ata Buño (9,5 kilómetros), onde nos desviaremos pola LC-422 ata Ponteceso. A distancia total dende A Coruña é de 54 kilómetros e dende Santiago, 66 kilómetros. Da capital municipal sae a LC-424, de grande interese turístico, cara a Corme. A un kilometro de Ponteceso en dirección a Corme atópase nosa querida aldea e tamén o seu destino. Benvidos á Aldea do Couto.

IMG_6368.jpg