top of page

As Festiletras naceron na Aldea do Couto en 1982, como un espazo para todos, un reflexo da nosa tradición cultural. Desde os seus inicios, propuxémonos construír un espazo con capacidade para acoller e dar conta da cultura Galega como un dos nosos valores fundamentais. Traballamos para garantir, a persoas de todas as idades, unha experiencia positiva e enriquecedora. Por iso unha das tarefas das que sentimos máis responsables desde a organización é de actuar como unha gran xanela á cultura tanto presente como emerxente. Un valor singular que define a filosofía do festival e que logrou xerar un público comprometido co noso proxecto e co apoio a novas propostas culturais. Ao longo dos anos, puidemos demostrar que nosa coidada selección de artistas emerxentes en quen decidimos confiar acaban consolidándose, máis adiante, como grandes nomes da escena cultural do noso país. Un evento libre de aglomeracións, onde tratamos ao noso público como persoas e non como unidades, conseguindo así que o público das Festiletras se atope cómoda nun espazo familiar onde poder enriquecerse de música e cultura.

Velaquí unha pequena mostra:

bottom of page