Este ano faremos entrega do Bo e Xeneroso de Honra a Luís Davila, persoa que mantén a lingua galega viva a través das súas ilustracións, coñecido e respectado por tódalas xeracións e informante activo da realidade social galega. Non esquece a tradición, olla cara o presente e dá conta do futuro que está por chegar. Personaxes como Aghustín, Asunsión, Canducho ou Aghripina son xa parte do noso día a día e tamén olla o mar, tema que envolve o Festiletras 2024, como feito intrínseco e imprescindíbel do ser galegos e galegas. Ilustrador, deseñador, humorista gráfico e pintor. Estuda Deseño Gráfico na Escola de Artes Aplicadas e Oficios artísticos Pablo Picasso na Coruña, empeza a traballar en axencias de publicidade ata que pasa a formar parte en Faro de Vigo do departamento de Deseño. A súa primeira viñeta cómica foi publicada no ano 98 no Faro de Vigo, onde continúa publicando unha viñeta diaria chamada “Ou Bichero”.
Tien unha colección de XII libros de humor, nos que recompila viñetas seleccionadas de períodos anuais. Recibe varios premios de humor gráfico: Premio San Martiño de Normalización Lingüística de 2014, Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingüa 2016, Premio Trasalba dá Fundación Otero Pedrayo 2023.
Ser Bo e Xeneroso e iso, levar a terra e a lingua por bandeira, unha proclama de mirar cara adiante e de ollar cara o ben común.
Vémonos o 30 de agosto ás 23:30 horas na aldea do Couto!