aldeas
singulares
O proxecto Aldeas Singulares, pretende contribuír á dinamización económica da aldea de O Couto e contaxiala a outros lugares de Galicia.
Dende Festiletras pretendemos organizar un encontro de aldeas singulares, é dicir, que teñen traballado algún aspecto cultural, social, demográfico, económico e que supuxo un cambio na súa idiosincrasia, atraendo capital externo, incrementando a súa poboación, actuado como referencia e como modelo de actuación sostible, etc. O encontro inclue experiencias de aldeas que teñen apostado polo rural, que traballan por revalorizar os produtos e as xentes da súa contorna. Deste xeito, tentarase sensibilizar ao contorno empresarial en canto á importancia e potencialidade do rural en Galicia. Un espazo para todos, un reflexo real da nosa tradición.
