artistas
2023
_
#ArtistasFestiletras2023
Máis de trinta artista chegados de diferentes puntos da península encherán de cor a pequena aldea das letras....
SOMOS
corenta
e un ANOS
DE LETRAS
_
#festiletras2023
Alentados polo espíritu que o vate da «pequena Ponteceso» deitada no aire afrontamos, desde o nadal de 1982, a tarefa de sermos educadores nun tamén pequeno nucleo rural coñecido polo nome do Couto. A cultura non é só terreo de grandes cidades. Persoas do Couto, da Brixería, da Cepeira, de Carballido, de Brantuas, de Corme, da Ponteceso, da Trabe, de Anllóns, de Tella tamén teñen o dereito de amar a Galicia. E, en certa medida, iso foi o que intentamos ao longo deste tempo. Crermos, cada vez máis, e facerlles crer aos restantes que, desde séculos existe un país con identidade de seu. Un país que tiña como alicerce unha lingua de seu, menosprezada, arredada da escrita, das táboas do teatro, en definitiva menosprazada. Escritores como Manuel María, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Fina Casalderrey, o grupo Brais Pinto ou o Batallón Literario da Costa da Morte, teñen as súas placas de homenaxe nos soportais da Casa dos Veciños. Eles visitáronnos gustosos, alentados tamén pola longa sombra pondaliana. A música galega tamén formou parte das Letras. Grupos folc como A Quenlla, Milladoiro, Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego, Xabier Díaz, Uxia Senlle, Saraibas, Leilía, Cempés, e outros encheron de maxia o ceo do Monte Branco. Grupos de danza tradicional, gaiteiros, bandas de música, orquestras de cámara, escritores que cada ano presentan a súa colleita no salón de actos da nosa sé social, xunto con un longo etcétera, foi conformando día a día, maio a maio, o noso cativo ramo de flores.