
Area branca, un extenso piñeiral e augas tranquilas converten Balarés nun dos areais máis especiais da Costa da Morte. Un lugar perfecto para descansar, pasear xunto ao mar e contemplar unha das paisaxes máis fermosas da ría de Corme e Laxe.
Praia de Valarés

Monte Branco domina a desembocadura do Anllóns cunha das panorámicas máis recoñecibles de Galicia. A súa espectacular duna rampante, o esteiro e o océano forman unha paisaxe única que invita a camiñar, observar e descubrir o territorio.
Monte Branco

Agochada entre a vexetación, esta fervenza ofrece un recuncho de calma onde a forza da auga e o bosque crean unha paisaxe de gran beleza durante todo o ano. Especialmente espectacular tras os meses de Choiva. O seu bruar nos meses de inverno escoitase dende varios kilometros a traves do Val de Tella.
Fervenza da Brixería

Agochada Un dos lugares máis icónicos da Costa da Morte. O faro érguese sobre impresionantes cantís onde o mar bate con forza, creando unha paisaxe espectacular en calquera época do ano.
Faro do Roncudo

Un dos monumentos máis singulares de Galicia. Conta a lenda que o santo golpeou fortemente a terra co seu pé, facendo nacer o pánico entre a praga de serpes que arrasaban a terra. Todas escaparon desesperadas e, unha delas, foi acubillarse baixo a protección dunha roca na que quedou petrificada para a eternidade.
Pedra da Serpe

A casa natal de Eduardo Pondal permite achegarse á vida e á obra do poeta que deu voz ao Himno de Galicia, no mesmo territorio que inspirou moitos dos seus versos. Aquí comeza a viaxe polo universo pondaliano.Defensor acérrimo do pasado céltico de Galicia dedicou a súa vida para enaltecer as raíces galegas.