top of page

Todo o que debes saber sobre as entradas das Festiletras 2026.

O Festiletras 2026 volverá encher a parroquia de cultura, música, literatura e actividades para todos os públicos durante a última semana de agosto. A maior parte da programación será gratuíta e de libre acceso, pero algunhas propostas requirirán entrada.

001_web.jpg

Entradas
Existen dous tipos de entradas para gozar das Festiletras 2026:

Bono de 2 días
Acceso a toda a programación das dúas xornadas do festival por un prezo de 25 € + gastos de distribución.

Entrada de día
Permite acceder á programación dunha única xornada. O seu prezo anunciarase proximamente.

Información importante​​

  • Todas as persoas asistentes, independentemente da súa idade, deberán estar en posesión da súa pulseira de acceso.

  • Os menores de 12 anos teñen acceso gratuíto, pero é imprescindible retirar igualmente a súa pulseira.

  • De acordo coa lexislación vixente, os menores de 16 anos deberán acceder ao recinto acompañados polo seu pai, nai ou titor/a legal, presentando a autorización correspondente cando sexa necesaria.

  • Será necesario presentar un documento identificativo sempre que a organización o solicite.

  • Todas as persoas que adquiran a súa entrada ou bono terán dereito a facer uso da zona de acampada habilitada polo festival.

  • As entradas son persoais e intransferibles, e deberán adquirirse exclusivamente a través das canles oficiais de venda.

BONO 2 DÍAS. 22 e 23 de agosto de 2026

Prezo dos bonos | 25 € + Gastros de distribución.

ENTRADA SÁBADO 22. Agosto de 2026

Prezo dos bonos | 18 € + Gastros de distribución.

ENTRADA DOMINGO 23. Agosto de 2026

Prezo dos bonos | 18 € + Gastros de distribución.

bottom of page